
|
BENVIDO Á NOSA TENDA!
Na tenda do Club Regatas Salgado Perillo podes atopar a equipación oficial e diferentes prendas e accesorios do club. Actualmente non dispoñemos de tenda online, pero estamos á túa disposición se queres mercar algunha prenda do noso club.
Podes poñerte en contacto connosco a través das nosas Redes Sociais para consultar dispoñibilidade de produtos e tallas.
Tamén podes adquirir a equipación directamente na tenda Dolco Uniformes, na Coruña.
|
DOLCO UNIFORMES
Podes adquirir a equipación oficial do Club Regatas Salgado Perillo directamente na tenda física do noso colaborador Dolco Uniformes encargados da xestión e distribución da nosa roupa deportiva.
|
O NOSO STAND
Ademais, nas nosas competicións oficiais de traiñeiras instalamos o noso stand, onde poderás mercar parte do material e roupa do club directamente na regata.



|
OUTLET E SEGUNDA VIDA
E se buscas prendas de tempadas anteriores ou queres darlle unha segunda vida a outras prendas, estamos en Vinted, onde poñemos en venda roupa e equipación de anos anteriores a prezos máis económicos. Unha boa opción de darlle unha segunda vida ás nosas prendas e seguir levando as cores de Salgado-Perillo!
