
|
OS NOSOS PATROCINADORES E COLABORADORES
O Club Regatas Perillo medra cada día grazas ao esforzo dos nosos deportistas, adestradores, familias e socios, pero tamén grazas ao apoio de empresas e entidades que confían no noso proxecto.
Os nosos patrocinadores e colaboradores son unha parte fundamental do club. O seu compromiso permítenos seguir desenvolvendo a nosa actividade deportiva, apoiar aos nosos remeiros e remeiras, participar en competicións e promover os valores do deporte e do remo.
Cada colaboración contribúe a construír un club máis forte e con máis oportunidades para todas as persoas que forman parte desta familia.
Queremos agradecerlles a súa confianza e compromiso co Club Regatas Perillo e co deporte. Porque cando remamos na mesma dirección, chegamos máis lonxe.
|
QUERES SER PATROCINADOR DO NOSO CLUB?

Se es unha empresa, entidade ou negocio e queres apoiar o deporte e formar parte do proxecto do Club Regatas Perillo, estaremos encantados de contar contigo.
Colaborar co club é unha oportunidade para asociar a túa marca aos valores do remo, como o esforzo, o traballo en equipo, o compromiso e a superación, ao tempo que contribúes ao crecemento do deporte e da nosa comunidade.
Contacta connosco e coñece as diferentes opcións de patrocinio e colaboración.











