|
O NOSO EQUIPO TÉCNICO
O noso equipo técnico está formado por profesionais vinculados ao mundo do remo, unidos pola paixón deste deporte e polo compromiso co desenvolvemento deportivo e persoal de cada remeir@. Dende o coñecemento, a experiencia e o traballo en equipo, acompañan aos deportistas en cada etapa, procurando mellorar o seu rendemento e fomentar valores como o esforzo, disciplina, o compañeirismo e o respecto.
Nesta tempada 2026-2027, os nosos adestradores por categorías son os seguintes:

ÁLEX ALVEDRO DEL RÍO
CATEGORÍAS BASE

ÁLVARO ALVEDRO
CATEGORÍAS BASE

IGNACIO PÉREZ BERRUGA
CATEGORÍAS BASE

JUAN FRANCISCO PAZOS
CATEGORÍAS BASE

JUAN MANUEL BOUTUREIRA
CATEGORÍA DE VETERAN@S

MIGUEL MEDIERO VEIRA
REMO OCIO

DAVID HERMO
EQUIPO ABSOLUTO MASCULINO
Dende o Club estamos moi orgullosos de que case a maioría do noso equipo técnico estea formado por remeir@s saídos da nosa propia canteira. Persoas que medraron no club, que coñecen de primeira man os valores e a esencia do remo e que agora deciden dar un paso adiante para seguir vinculadas a este deporte dende outro lado. Para nós é unha mostra de que a canteira non só forma deportistas, senón tamén persoas capaces de atopar no remo un futuro e unha nova forma de seguir medrando dentro deste deporte.
