Skip links

Ao facerche socio do club estás a colaborar coa súa actividade e permitindo que se manteña a entidade e que, cada vez máis, aumente o número de practicantes do noso deporte. Non podemos achegar moito aos socios, pero temos un local social que permite que os socios fagan uso del e algunha vantaxe máis:

  • Asesoramento tarifario en recibo de electricidade. Unha vez ao ano podes pedir o asesoramento para optimizar a túa facturación eléctrica doméstica. Se es un socio protector, tamén podes solicitalo unha vez ao ano e para un punto de subministración.
  • Utilización do local social para realizar reunións ou pequenas celebracións, cun pequeno custo de 70,00 €.
  • Utilización de duchas do ximnasio e o propio ximnasio en horario que non haxa adestramentos.
  • Participación en cursos e campamentos (as actividades son só para socios e os campamentos teñen un desconto importante).
  • Descontos do 15% para cursos do P. N. B. e P.E. R. en ALTAVELA, en Sada.
  • Descontos do 10% en alugueiro de barcos en ALTAVELA, en Sada.
  • INFORMACIÓN NO noso correo electrónico.

Para facerche socio descarga o impreso e envíasnolo por correo electrónico

Impreso socio

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies