Os equipos do noso clube se dividen en 2 tipos:
– Equipo de formación e iniciación: a este nivel están integradxs xs mozxs que comezan neste deporte, aprendendo os valores de traballo en equipo, os tipos de embarcacións, a técnica de remo olímpico e banco fixo…
– Equipo de competición: a este nivel están aquelxs mozxs que queren competir, adicándolle un número maior de días.
O paso do equipo de iniciación ao de competición estará suxeito ao criterio dos adestradores, tendo en conta principalmente o compromiso.
HORARIOS:
Os horarios serán os seguintes:
– Para nados entre 2010 e 2014: martes, xoves e venres de 16 a 18h.
– Para nados entre 2006 e 2009: martes, xoves e venres de 18 a 20h.
Estes horarios poderían sufrir algunha modificación de acordo as mareas. O equipo de competición poderá ser convocado para adestrar a fin de semana.
Adestradores:
Alejandro Alvedro. Adestrador Equipo base.
Maria Anta. Adestradora Equipos base
Tomás Louro. Adestrador Equipos base.