
|
FAITE SOCI@ DO NOSO CLUB
Cada ano somos máis as persoas que formamos parte da gran familia do Club Regatas Perillo.
Facerte soci@ significa moito máis ca apoiar unha entidade deportiva: significa formar parte dun proxecto común, acompañar aos nosos deportistas en cada adestramento e competición e contribuír a que o club continúe medrando e mirando cara ao futuro.
Coa túa colaboración, axúdasnos a seguir promovendo o remo, fomentando os valores do deporte e creando novas oportunidades para que máis persoas poidan descubrir e desfrutar desta modalidade.
Ademais, por ser soci@ do Club Regatas Perillo poderás beneficiarte de promocións, vantaxes e descontos exclusivos en diferentes actividades e servizos asociados ao club.
Queremos seguir construíndo un club aberto, dinámico e unido, no que deportistas, familias, afeccionados e socios compartamos a mesma paixón polo remo.
